Ruleta do inverno
2,25 €
Xogo para traballar o vocabulario relacionado co inverno.
Na nosa canle de Youtube poderás atopar unha pequena presentación con todo o vocabulario, preme en Vocabulario de inverno para velo.
Material dixital, ficheiro PDF para descargar
Descargable desde calquera lugar do mundo
Pódese pagar con PayPal ou tarxeta de crédito
Recibirás instrucións para a descarga tras a compra
Con este xogo pretendemos desenvolver capacidades lingüísticas a través da expresión oral e da ampliación de vocabulario relacionado co inverno.
O arquivo PDF consta de:
- Explicación para xogar con ruleta ou sen ruleta.
- 24 círculos de vocabulario coa medida para a ruleta.
Este recurso pódese combinar e enriquecer co xogo do bingo e as tarxetas do inverno.
Este material está adaptado para poñelo nas ruletas de Ikea e de Sklum, aínda que podemos xogar sen necesidade da ruleta.
Recomendable a partir de 3 anos.
