Vidreira de primavera

Vidreira de primavera

Imos realizar unha manualidade moi bonita para decorar as nosas fiestras do cole e da casa. Neste caso fixemos unha bolboreta pero podemos utilizar calquera forma que se nos ocorra coa mesma técnica, como poden ser flores, maruxiñas, ovos de Pascua,... Ao final do post podedes ver o vídeo do proceso de realización completo.
Materiais que imos necesitar:
  • Cartolinas de cor negra.
  • Papel seda de cores.
  • Forro adhesivo.
  • Tesoiras.

Imprimimos ou debuxamos na cartolina negra a silueta dunha bolboreta e recortámola.

Recortamos cadrados de papel seda duns 2 x 2 centímetros aproximadamente.

Pegamos forro adhesivo nun lado da bolboreta e comezamos a pegar papelitos seda.

Unha vez recheados todos os ocos con papel seda de cores, pegamos no outro lado da bolboreta forro adhesivo e recortamos os bordos.

Xa temos lista a nosa bolboreta para dar a benvida á primavera e darlle un toque de cor ás nosas fiestras.

Ademais, aquí vos deixo o vídeo da súa realización completo.