Obradoiro de bufandas

Obradoiro de bufandas

Como docentes sabedes, a realización de obradoiros en Educación Infantil permitirá aos nosos pequenos aprender a través do xogo e da experimentación, á vez que desenvolven diversas habilidades. Este obradoiro pódémolo realizar coa axuda doutros docentes do centro ou coa colaboración das familias do noso alumnado.
Que imos necesitar?
  • Manta polar (temos utilizado a de Ikea)
  • Tesoiras
  • Pintura acrílica

As medidas de cada bufanda son de 12x120 centímetros. Realiza a liña con lapis axudándote dunha regra.

Recorta pola liña marcada.

Prepara en diferentes recipientes a pintura. Recomendamos utilizar pintura acrílica xa que nos permitirá lavar a bufanda e que a pintura non se vaia.

Estampa pintura por toda a superficie da bufanda utilizando os dedos e deixa secar.

Recorta tiras dun centímetro de ancho por dez de longo aproximadamente.

E xa terás lista unha bufanda super bonita.

Se queres descargar a tarxeta para incluíla con a bufanda como se ve na última foto, podes facelo premendo en tarxeta obradoiro de bufandas.
Queres saber máis sobre a importancia da realización de obradoiros? Visita o post publicado na nosa web premendo en A maxia dos obradoiros no cole.