
Gorro creativo
Explorar a creatividade e desenvolver a motricidade fina son aspectos esenciais no crecemento dos nenos. Nesta manualidade do gorro de inverno, combinamos diversión e aprendizaxe, fomentando a creatividade e a motricidade fina nos nenos. Ao realizar trazos, colorear e recortar, non só espertan a súa imaxinación, senón que tamén melloran a súa coordinación man-ollo e a súa habilidade para manexar detalles. Ademais, ao seguir patróns e liñas ao decorar o gorro, exercitan habilidades esenciais para a escritura. Esta actividade é unha maneira encantadora de desenvolver habilidades prácticas e artísticas nos pequenos.
Que materiales imos necesitar?
- Cartolinas brancas
- Cera branca
- Colorante alimentario
- Lá de cores
- Pinceis
- Tesoiras
- Cola branca
Aquí tedes o patrón imprimible do gorro. E aquí o vídeo da súa realización.