
Abanico de cores
Esta manualidade é super sinxela e rápida para realizar cos nosos pequenos. Podemos realizala segundo as indicacións que vos mostramos a continuación ou deixar voar a vosa imaxinación. Ao final do post podedes ver o vídeo completo da realización desta manualidade.
Materiais que imos necesitar:
- Folios de cor verde.
- Flores impresas en cor.
- Pegamento.
- Cinta adhesiva.
- Tesoiras.
Se decidimos utilizar as flores impresas en branco e negro necesitaremos lapis ou ceras de cores.
Listos para afrontar os días de calor con moita cor.
Aquí vos deixamos o vídeo da manualidade completa e o descargable das flores de cores.