Xogo: "Peixes de cores"

Xogo: "Peixes de cores"

Para os mestres e mestras de Educación Infantil os materiais constitúen un estupendo instrumento que nos permite levar a cabo a acción educativa programada cos nosos alumnos e alumnas.
A través do material utilizado (limpapipas, ollos móbiles, bandexa, tarxetas de peixeiras) elaborei un xogo de peixes de cores co que podemos traballar diferentes contidos relacionados coa motricidade fina, a conta, a asociación número a cantidade e a asociación por cor entre outros.
Nesta ocasión, o xogo vame permitir avaliar a través da observación se os meus alumnos e alumnas alcanzaron os seguintes criterios de avaliación:
  • Realiza unha adecuada coordinación control óculo-manual en relación aos obxectos utilizados.
  • Asocia grafía numérica a cantidade do 1 ao 10.
  • Identifica e nomea as diferentes cores.
  • Utiliza correctamente a conta de elementos ata o número 30.
Unha vez que xogue cos alumnos e “avalíe”, poderán xogar de forma libre coas diferentes posibilidades que ofrece o recurso, aproveitando o ambiente máis distendido dos últimos días de curso que nos quedan por diante.
Espero que vos guste.
Déixovos dous vídeos: un co tutorial do material e outro con exemplo de xogos. Ademais, o enlace de descarga das peixeiras de cores.
Se queres descubrir os recursos que podes utilizar na túa aula ou na casa cos teus pequenos convídote a que visites a tenda de recursos da miña web premendo en TENDA