Un toque de cor

Un toque de cor

Chegouche unha aula un pouco anticuada e necesita un cambio? Dálle un toque de cor con estas cortiñas de papel. Fáciles, económicas e rápidas de preparar. Só necesitas papel de seda, grapadora e cinta adhesiva. Realiza pregos e vai grapándoos, despois coloca en toda a ventá e por último, se che apetece, podes realizar unha cenefa cos teus alumnos cun anaco de cartolina e rotuladores de cores.