
Pompons de cores
A actividade consiste en coller un pompón coas pinzas e levalo ao recipiente que contén a tarxeta coa mesma cor.
Os obxectivos traballados a través desta actividade son o desenvolvemento da motricidade fina e a discriminación e asociación de diferentes cores.
Para que os nenos poidan aprender a coller o lapis, teñen que ter desenvolvido antes a súa capacidade de manexar ben as mans e os dedos, así como a sincronización dos seus movementos.
Que necesitamos para realizala?
Vasos transparentes, pompons de cores, pinzas e folios de cores.
É unha actividade moi fácil de preparar que os entretén moito e podemos ir engadíndolle maior dificultade de contidos segundo o nivel no que nos atopemos. Neste caso, a actividade realiceina cos alumnos e alumnas de 3 anos.