Ensinar desde o cerebro de quen aprende

Ensinar desde o cerebro de quen aprende

Hoxe en día, atopámonos nunha sociedade en continuo cambio na que as características e necesidades dos nosos alumnos e alumnas tamén son diferentes.
Os docentes necesitamos estar en continua formación, actualización e innovación educativa, para poder dar unha resposta axustada e axeitada aos nosos educandos.
Hai uns anos asistín a un curso de formación impartido por José Antonio Fernández Bravo, un gran docente capaz de marabillarche pola súa forma de entender a educación e de transmitir os seus coñecementos.
En ocasións, cando levamos un ritmo desbordante de traballo na aula ou nos propoñemos alcanzar obxectivos máis aló das posibilidades da nosa realidade educativa podemos chegar a sentirnos frustrados/as e perder a perspectiva da nosa labor docente. Cando iso sucede é importante parar, tomar distancia e reflexionar. Neses momentos as palabras de Fernández Bravo: “ensinar desde o cerebro de quen aprende”, “adaptar a miña mirada á súa mirada infantil”, fante volver recordar cal é a verdadeira esencia da educación e da túa labor como docente.
Déixovos un breve fragmento de “BBVA Aprendemos xuntos” onde podedes ver a Fernández Bravo contando o que lle ensinaron os nenos. Espero que vos guste tanto coma a min.
En YouTube podedes ver o vídeo completo se vos gustou este pequeno fragmento.