Cando ensinar a un neno a ler

Cando ensinar a un neno a ler

Despois de ver diferentes charlas sobre neurociencia quería compartir un fragmento dunha delas desenvolvida por Francisco Mora Teruel, doutor en Neurociencia e Medicina.
Explícanos de forma moi clara a importancia que ten a neurociencia na educación e como nos pode axudar na nosa labor como docentes e como pais a entender os procesos de aprendizaxe dos nosos pequenos.
Fala sobre un dos temas que xera grandes debates, como é o momento no que un neno comeza a ler, que podedes ver a continuación:
Polo tanto, considero que é importante comezar a ter en conta a neuroeducación na nosa tarefa docente para poder entender como aprenden os nosos alumnos.
Por outra parte, en relación ao momento no que un neno ten que aprender a ler e escribir (algo que parece ser “esixido” que suceda á perfección durante a etapa de Educación Infantil) é importante ter tamén en conta o contemplado nas leis educativas que rexen o noso ensino. En España, atopamos referencias sobre este tema no Real Decreto 95/2022 publicado recentemente. Por exemplo, no artigo 6 que, dentro dos principios pedagóxicos da etapa: “sen que resulte esixible para afrontar a Educación Primaria, poderase favorecer unha primeira aproximación á lectura e á escritura” e no artigo 7 marca como un dos obxectivos xerais da etapa iniciar ao neno na lectura e escritura.
Para favorecer esa aproximación e iniciación na lectoescritura podemos realizalo a través de diferentes actividades e cunha metodoloxía mixta que incorpore o que mellor se adapte de cada un dos métodos existentes ás necesidades de diversa índole que presente o noso alumnado.
Como exemplo, podemos traballar a conciencia fonolóxica e silábica con material como as casiñas das vogais e as sílabas. Tamén traballar a través das flashcards o método global e moitas outras actividades. Algúns materiais podedes atopalos na tenda de recursos da web.