Bolsiña de verán

Bolsiña de verán

Queres decorar unha bolsiña de tea e darlle un toque veraniego? Ensínoche como facelo de forma moi sinxela cos teus peques. Necesitaredes goma eva de cor laranxa, amarela e negra, tesoiras, pistola de silicona quente e un rotulador permanente. Debuxa na goma eva as diferentes pezas e recorta. Despois pega con silicona quente na bolsa de tea e listo para levar a calquera lugar.
Recoméndoche que antes de pegar as pezas na bolsiña, poñas un anaco de cartón por dentro para evitar que a silicona quente traspase e pegue a bolsa por dentro.
Aquí deixámosche o patrón descargable listo para calcar en goma eva e decorar a bolsiña. Patrón sol